É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másOs colexios de Vigo transforman o feísmo en arte
Unha obra deseñada e pintada polos propios profesores e alumnos. O CEIP Sárdoma Moledo presentou este luns a mural co que decoraron unha das paredes exteriores do centro, co que se rende homenaxe ao escultor e canteiro Silvino Silva Novas, afincado na zona.
Os rapaces e rapazas pintaron nun dos muros exteriores en branco e azul o rostro do escultor, que ten varias obras espalladas por Vigo, como o cruceiro do Castro ou unha das fontes de Castrelos. Durante a visita do rexedor ao centro, os estudantes tamén presentaron un vídeo titulado ‘Hey, Vigo’ no que se promociona a cidade.
Esta creación artística forma parte das actividades complementarias do II Programa Municipal para arrumbar medianeiras, que está en plena fase de contratación dos artistas que xa a partir de outubro continuarán coa labor de “converter o feísmo en arte, vida e cor” pintando novos murais pola cidade.
Estas actividades pretenden dinamizar os espazos dos centros de primaria e secundaria coas composicións do alumnado, algo no que tamén están traballando o CEIP Balaídos, o CEIP Igrexa Candeán, o CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo), IES A Guía, ASPANAEX e APAMP.