Elementos tan básicos como uns aseos públicos no terreo ou papeleiras. Son as peticións que representantes da Asociación Veciñal de Teis queren transmitirlles ao delegado da Xunta e ao alcalde de Vigo, cos que pediron xa unha xuntanza.
Ao encontro co delegado da Xunta, os veciños levarán como demanda a necesidade de garantir o mantemento do parque público (limpeza, espazo infantil, espazos verdes) construído pola Xunta en 2013, a colocación de baños e a cesión do parque público ao concello.
Mentre, ante o alcalde de Vigo, Abel Caballero, plantexarán a necesidade de garantir o mantemento da piscina tras o deterioro desta instalación aínda sen estrear, ademáis de que se realice a limpeza e mantemento do parque público e do paseo marítimo, construído en 2011.
Ademais, a AVV de Teis continúa coa campaña de recollida de sinaturas na parroquia de Teis e ten convocada unha concentración o mércores 29 de xuño (20.00 horas) diante da entrada principal dos terreos da Etea.