O Concello de Redondela recoñecía este mércores o mérito deportivo de Andrea García Lago, xogadora infantil do Campito FS, que veu de disputar o campionato de España infantil coa selección galega en Murcia a finais de maio.
Un gol da selección andaluza a falla de trinta segundos para o remate do partido deixaba ás galegas sen poder xogar a final do campeonato, acadando o segundo posto.
Andrea García pon de manifesto o bo nivel feminino no concello de Redondela na modalidade de fútbol sala, xa que ano tras ano aumenta o número de licenzas e os clubs amosan os beneficios da súa metodoloxía de traballo.