A Oficina de Dereitos Sociais de Coia afirma que logo de poñerse en contacto con Aqualia e co Concello, en ningún destes lugares foron quen de explicar cómo acceder as axudas para asumir o pago do recibo da auga.
Esta entidade subliña que a afirmación do alcalde, “En Vigo no se le corta el agua a nadie” do pasado 20 de maio, e o anuncio cunha axuda dun pago único de 100€ para que familias sen recursos simplemente “non existe”.
Os responsables desta asociación afirman que “co paso dos días, responsables do departamento de Benestar Social recoñecían que traballaban para tratar de encaixar este anuncio dentro das axudas de emerxencia que conceden todos os meses”
Oficina de Dereitos Sociais asegura que a véspera de San Xoán unha veciña recibiu un aviso de Aqualia de corte de auga logo de non poder facer fronte a tres facturas, é dicir, 130’50€. Na carta comunican a “suspensión da subministración” dende o 21 de xullo e advirten de que “este mes avisou Aqualia e que nuns días pode ser Fenosa ou o dono da vivenda os que comuniquen que outras necesidades básicas corren perigo”.