En tres días o viño tomará As Neves coa XI Festa do Tinto Rías Baixas, que se celebra o 9 e 10 de xullo cun amplo programa de actividades que arranca este mesmo mércores coa actuación do grupo de teatro Limiar, que representará ‘A lingua na boca’ no auditorio municipal ás 21:00 horas.
Xa este xoves 7 de xullo, para ir quentando motores, os amantes dos viños poderán participar nunha cata profesional a cargo de Pedro Ballesteros, único Master of Wine español, que tendrá lugar no mercado municipal das Neves a partir das 18:00 horas. E o venres 8, a partir das 21:00 horas, cunha cata maridaxe no Mercado Municipal.
Tamén este venres rematará unha das grandes novidades desta undécima edición, a primeira ‘Ruta Pincho Rías Baixas’ nos establecementos de hostelería locais, nos que dende o 1 de xullo houbo degustacións de viños da Denominación de Orixe Rías Baixas maridados con pinchos elaborados especialmente para a ocasión polos hosteleiros das Neves.
Apertura da festa
Este ano a Festa do Tinto Rías Baixas incluirá como novidade a celebración dunha ruta de senderismo e unha visita ás adegas vinculadas á Ruta do Viño Rías Baixas, durante a mañá do venres 9 de xullo. Unha actividade gratuita e de prazas limitadas para a que hai que anotarse ata este xoves 7 de xullo a través do correo [email protected] ou nos teléfonos 986 09 10 88 ou 687 523 230.
Os stands da festa abrirán as súas portas na Praza Maior das Neves tanto o venres como o sábado en horario de 11:00 a 21:00 horas. No espazo habilitado para la hostelería, este ano incluirase unha novidade: varias Food-Truck, camións restaurante que complementarán a oferta tradicional e autóctona. O grupo Ronco & Fol realizará unha actuación ás 12:00 horas e amenizará musicalmente toda a xornada.
Túnel do Viño
Paralelamente, o sumiller Nacho Costoya guiará un Túnel do Viño no Mercado Municipal. Esta actividade supón unha oportunidade única para coñecer os tintos da Denominación de Orixe Rías Baixas, a través das indicacións deste profesional do sector. Ata o de agora, están confirmadas 36 marcas dunha quincena de bodegasque se poderán degustar en dito Túnel do Viño.
O prezo da entrada a este Túnel do Viño será de 10 euros. O seu horario será o sábado 9 de xullo, de 12:30 a 14:30 e de 20:30 a 22:00 horas, e o domingo 10 de xullo, en horario de 12:30 a 14:30 horas.
Pregón
O pregón desta celebración terá lugar o sábado 9 de julio, ás 13:00 horas, a cargo de Pablo Américo Saa González, profesor de Viticultura e Enoloxía do CIFP A Granxa (Ponteareas). Cerrará a Xornada a actuación musical de Pelepau, que dará comenzo ás 22:30 horas.
O domingo 10 de xullo a nota musical correrá a cargo da Banda de Música Popular de Rubiós, ás 13:00 horas. Xunto con eles, a partires das 18:00 horas, a compañía Isla e Triska presentará o espectáculo infantil “Le Triska Inmobile”.