Deportes

Medio millón de euros para o deporte náutico da provincia de Pontevedra

bateles

A Deputación de Pontevedra destinará preto de 500.000 euros a 52 clubes dedicados ao deporte náutico (remo, vela e piragüismo), un 25% máis que o ano anterior.

En total serán 26 clubs de piragüismo, 15 de remo, 10 de vela e un de vela adaptada pertencentes a 22 concellos da provincia os que se beneficien de achegas que abranguen dende os 3.300 ata os 13.732 euros.

Por comarcas, 5 clubs de remo, 4 de piragüismo e 3 de vela do Morrazo pertencentes ós concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña van recibir un total de 106.137 euros. Na comarca de Pontevedra e Caldas serán 11 clubs de piragüismo e 2 de vela pertencentes aos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Poio, Caldas, Catoira e Pontecesures os que recibirán un total de 123.062 euros.

Pola súa banda, 5 clubs de piragüismo, 3 de remo e 2 de vela do Salnés van recibir un total de 106.223 euros, e nas comarcas de Vigo, Val Miñor e Baixo Miño son 7 clubs de remo, 6 de piragüismo, 3 de vela e 1 de vela adaptada os que recibirán un total de 164.376 euros.

You may also like