O Concello de Redondela procederá nos vindeiros día a realizar os traballos de recuperación do areal da praia de Rande, que cos fortes temporais sufridos este inverno veu desprazada cara a zoa intermareal a area achegada hay dous anos.
Despois dos estudos previos e tras a obtención dos pertinentes permisos de Costas, os técnicos consideran que o máis efectivo e práctico é voltar a subir a area desprazada cara a parte superior da praia. Para levar a cabo os traballos, os propietarios das embarcacións de recreo amarradas alí deberán retiralas durante uns días.
Con esta actuación preténdese mellorar considerablemente o areal para disfrute dos usuarios.