O pintor, gravador e xestor cultural Antón Pulido exercerá de pregoeiro durante o Día de Galicia en Vigo, que se celebrará o vindeiro 21 de xullo nos xardíns ingleses do Pazo de Castrelos.
Pulido, nacido na localidade ourensana de Amoeiro en 1944, estudou Belas Artes en Barcelona, especializándose en pintura e gravado. A súa primeira exposición foi no Ateneo de Ourense en 1971 e dende entonces non parou de amosar as súas obras en mostras individuais e colectivas.
Profesor de debuxo nun instituto de Vigo, seguiu cos seus traballos como gravador e ilustrador de libros, especialmente deseñando as portadas das obras editadas pola editorial Ir Indo. Foi director xeral de Cultura da Xunta de Galicia e o primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporáneo.