O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras de sustitución integral da cuberta do Centro Antena para por fin ao crecente problema de humidades no interior e mesmo á caída de tellas, o que supoñía un perigo para os viandantes.
O Centro Antena da cabida a tódalas accións municipáis relacionadas coas novas tecnoloxías, a formación, o emprego, a dinamización empresarial e comercial, promoción de actividades socio-laborais-culturais… por iso esta era una obra prioritaria, xa que a infiltración de auga chegaba ás aulas perxudicando o óptimo desenvolvemento da súa actividade.
O estado da cuberta era moi deficiente ao desprazarse moitas das tellas debido ao deterioro do sistema de anclaxe, fundamentalmente na parte oeste do edificio.
Adxudicada a Construcciones Castro por 14.200 euros, a obra consiste en desmontar manualmente as tellas e colocar outras novas de similares características sobre as placas de fibrocemento xa existentes, agás no soportal da entrada, onde só é preciso limpar e rexuntar con morteiro.
Paralelamente, ao longo destes días se procederá á renovación integral de todo o equipamento informático, arredor de 20 equipos que xa moi obsoletos, no que se investirán 5.000 euros.