É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másParos en Frigolouro Porriño para denunciar o impago de parte da nómina e da extra de xullo
O comité de empresa Frigolouro, compañía con sede no Porriño e pertencente ao grupo ourensán Coren, vén de anunciar a convocatoria de paros parciais para denunciar o impago dunha parte da última nómina e a paga extraordinaria do mes de xullo. A medida de presión, que foi ratificada en asemblea polos traballdores, desenvolverase este martes e todos os venres de xeito indefinido nas quendas de mañá e de tarde.
A representación sindical de Frigolouro (COO, UGT, CIG e Sindicato Independiente de Trabajadores) trasladoulles a proposta aos empregados, que aprobaron por unanimidade en asemblea facer paros de dúas horas diarias este martes día 19 e todos os venres de xeito indefinido. A protesta desenvolverase de 13.50 a 14.50 horas quenda de mañá e de 14.50 a 15.50 horas na de tarde.
A medida de presión chega despois que que a empresa deixase de ingresar unha parte do último salario e a paga extra correspondente do mes de xullo, situación que foi denunciada pola CIG diante da Inspección de Traballo. Dende a central agardan que estas mobilizacións obriguen a dirección da compañía a cumprir coas súas obrigacións co conxunto do cadro de persoal.