É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másDous sucesos distintos pero no mesmo río e con pouco tempo de marxe. Unha muller duns 60 anos morría afogada este xones no río Pedras, na zona de Portocarro, na Pobra do Caramiñal.
Os servizos de emerxencia foron avisados ás 13:45 horas, momento no que se enviou ata a zona ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, mentres que Salvamento Marítimo mobilizou o helicóptero Pesca 1, que foi o que finalmente rescatou o corpo sen vida da muller e o trasladou ao Hospital do Barbanza.
O 112 Galicia informou do afogamento aos Bombeiros de Ribeira e alertou a Protección Civil e á Garda Civil, que enviaron varios efectivos ata o lugar.
Rescatado dunhas pozas
Por outra banda, apenas unha hora antes un mozo tiña que ser rescatado logo de caer nunha zona de pozas do mesmo río e quedar inconsciente. O rapaz foi sacado da auga por outros bañistas.
As condicións do terreo dificultaron a operación de rescate, na que participou o helicóptero Pesca 1, que trasladou ao mozo ao Hospital do Barbanza. Ata a zona tamén acudiron un helicóptero medicalizado e unha ambulancia, Servizo de Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Ribeira, Policía Local, Protección Civil e Garda Civil.