O goberno de Nigrán levará ao Pleno ordinario do 28 de xullo o estado das arcas municipáis, que presentan un remanente de tesourería en 2015 de 4.478.198,82 euros, e explicará á corporación os investimentos que se pretenden realizar con dous millóns de euros procedentes deste saldo positivo (o goberno de España permite aos concellos que teñan superávit ou remanente positivo destinar o seu excedente orzamentario non só a amortizar a débeda, senon a actuacións sostibles).
Estas cifras actuáis que serán expostas no Pleno fan posible que o Concello manteña un periodo medio de pago a proveedores de 6,4 días. “Foi o goberno socialista quen iniciou en 2008 un durísimo plan de axuste que agora ve os seus mellores froitos permitindo levar adiante moitos dos proxectos pendentes cos veciños que mellorarán a súa calidade de vida”, indica Juan González, alcalde de Nigrán, quen suliña “o novo xeito de gobernar introducido polos socialistas no Concello en 2007 e que dende entón se mantivo así deixando atrás o malgaste de épocas pasadas”. Estas cifras positivas, engade, “permiten que o Concello teña total credibilidade e fiabilidade entre os veciños e proveedores”.
Nesta liña, González considera que se debe repercutir o beneficio na cidadanía con actuacións básicas que veñen sendo reclamadas dende hai anos. Así, entre os principáis investimentos que proporá o goberno se atopan 553.216,85 euros para o abastecemento de auga a Parada que a Xunta unilateralmente paralizou cando os socialista gañaron as eleccións municipáis. “Ímos a facer o que a Xunta nos negou de sópeto cando chegamos ao Concello. Os veciños non poden ser os prexudicados das decisión políticas que se tomen dende o goberno autonómico”, considera González. Nesta mesma liña de levar o abastecemento ás parroquias se propoñen 38.478,45 € para dotar do mesmo dende a rúa dos Pazos ata a rúa San Roque de Camos, obra que unida aos 375.000 euros que investirá Aqualia en outubro significará un paso moi grande para levar o auga á boa parte da parroquia.
O capítulo de humanizacións e urbanizacións ten o eixo central na rúa Mariñeiro de Panxón, con 282.351,14 € destinados á humanización e cambio de servizos de abastecemento e saneamento. A Praza da Feira, na confluencia entre Damas Apostólicas e Camiño da Cabreira (A Ramallosa) recibirá 74.427,37 euros para mellorala e facer dela un verdadeiro punto de encontro entre os veciños que fomente tamén o comercio e restauración. Finalmente, a rúa do Caranquexo recibiría un remanente de 38.379,95 € para reordenar este espazo especialmente degradado ao seu remate na Praia de Prado.
A remodelación integral do pavillón de deportes de Panxón unirase ás novas instalacións deportivas que o goberno local construirá e Porto do Molle. O proxecto do pavillón, de 510.947 €, permitirá que se convirta nun espazo moderno para practicar o deporte, totalmente accesible, con eficiencia enerxética e con todas as medidas de seguridade e modernidade.
Outro dos investimentos do remanente será no eido do Medio Ambiente, cunnha partida de 54.450 € para a retirada, transporte, xestión e selado integral do vertedoiro de lixo ilegal no entorno do río Muíños, a carón da depuradora de augas residuais, pechando así una parte da historia máis desafortunada na xestión de residuos deste Concello ou a actuación de mellora nos colectores de A Ramallosa.
“Trátanse polo tanto de proxectos e investimentos en abastecemento de auga, humanizacións e urbanizacións, instalacións deportivas, xestión de residuos e coidado do medio ambiente que, sen lugar a dúbidas, mellorarán a calidade de vida dos nosos veciños, único e primordial obxectivo deste goberno de Nigrán”, conclúe o alcalde.