Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másConvocadas as probas para persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
O Diario Oficial de Galicia vén de convocar as novenas probas de acceso para obter a habilitación como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a renovación das habilitación, cunha proba psicolóxica para os habilitados para os que transcorreran 5 anos dende a súa expedición. O prazo para presentar as instancias remata o vindeiro 1 de agosto.
Esta será a novena edición, despois de que a principios do ano 2010 o goberno galego regulase por decreto os requisitos que deben cumprir os controladores para exercer as súas funcións. Desde aquela, un total de 828 persoas xa acadaron a habilitación como persoal de control de espectáculos públicos e actividades recreativas nas convocatorias anteriores.
A nova regulación ofreceu melloras para os empresarios do sector da hostalería e os espectáculos públicos, que tiñan reclamado en numerosas ocasións esta medida; para os usuarios e clientes, que viron reforzados os seus dereitos e seguridade e para os propios controladores de acceso, que lograron o recoñecemento e a dignificación da súa profesión.
Os requisitos para poder desempeñar as funcións de persoal de control de acceso son a maioría de idade; ter nacionalidade española, dalgún país membro da UE ou ter permiso de residencia e traballo en vigor; carecer de antecedentes penais; ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender ao público en calquera delas e superar as probas específicas que convoca a Academia Galega de seguridade Pública (Agasp).
As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da Xunta, no enderezo https://sede.xunta.es ata o vindeiro 1 de agosto. As probas realizaranse na sede da Academia Galega de seguridade Pública, na Estrada.
Desenvolvemento das probas
A proba de coñecementos consistirá en contestar un cuestionario de cincuenta preguntas tipo test, máis cinco de reserva, que versarán sobre temas relativos á Constitución Española, normativa básica do dereito de admisión, follas de reclamacións, posesións de armamento, medidas de seguridade en establecementos de concorrencia pública e primeiros auxilios, entre outros asuntos.
Así mesmo, realizarase un exercicio de tradución dun texto do galego ao castelán que terá carácter voluntario par so aspirantes que coas solicitude entregara a documentación precisa que acredite ditos coñecementos. Finalizados os exercicios teóricos terá lugar a segunda proba que consiste na realización dun test psicolóxico. Para obter a habilitación deberá obterse a cualificación de apto nas dúas probas.