Vigo al minuto

Este martes arranca o Festival Folclórico Internacional de Vigo e mañá @antoniorozco estará en Castrelos

1468924099antonioorozcoAntonio Orozco subirase ao escenario do auditorio de Castrelos o mércores día 20 ás 11 da noite para presentar o seu traballo ‘Da Orixe ao Destino’.

Así é como Antonio Orozco entende a viaxe sen retorno que iniciou o día que viu a luz o seu primeiro traballo «Un reloj y una vela». Quince anos e oitos discos despois o final do traxecto non é senón unha metáfora do devir, dese futuro que, como se de un xigantesco imán se tratase, nos arrastra e nos moldea. O prezo para a actuación é de 8 €, en venda anticipada, e 10 € o día do concerto.

Ademáis, este martes, 19 de xullo, arranca do XXII Festival Folclórico Internacional de Vigo, como parte do programa «Vigo en Festas 2016″. Desde hoxe e ata o domingo, 24 de xullo, sete formacións actuarán en distintas parroquias e barrios da cidade, incluindo grupos procedentes de Serbia, Colombia e Arxentina.

O obxectivo do Festival é achegar á cidadanía viguesa a cultura, o folclore e as tradicións doutros países. Deste xeito, chegan a Vigo o grupo serbio Prnjavor, o colombiano Fama e o Sol Arxentino, formacións que se complementan coa zaragozana La Fiera e as locais Corisco, Lembranzas Galegas e a banda de gaitas Xarabal.

O programa contempla tres partes diferenciadas. O Festival, en primeiro lugar, promove actuacións en auditorios de parroquias como San Miguel de Oia, Cabral, San Andrés de Comesaña, Beade e Valladares, do 19 ao 23 de xullo, ás 21:30h. Por outra banda, os grupos actuarán nas rúas da cidade, en Travesas, no Calvario, en Teis e na Porta do Sol, do 20 ao 23 de xullo ás 12 horas.

Por último, o Concello e a Asociación Cultural Interfolc, organizadora do evento, pechan o Festival o domingo, 24 de xullo, cun desfile que parte ás 20 horas da igrexa de Santiago de Vigo, en García Barbón, ata o teatro Afundación, en Policarpo Sanz. Alí, ás 21:30h, pecharase a cita coa actuación no nomeado Auditorio de todos os grupos.

PROGRAMA

ACTUACIÓNS EN BARRIOS – do 19 ao 23 de xullo – 21:30 horas

19 de xullo: FAMA e PRNJAVOR – Auditorio AVV San Miguel de Oia

20 de xullo: FAMA e SOL ARGENTINO – Auditorio CC Cabral

21 de xullo: SOL ARGENTINO e PRNJAVOR – Alameda San Andrés de Comesaña

22 de xullo: FAMA e PRNJAVOR – Auditorio CSCR de Beade

23 de xullo: SOL ARGENTINO e LA FIERA – Auditorio CVC de Valladares

ANIMACIÓNS EN RÚAS – do 20 ao 23 de xullo – 12:00 horas

20 de xullo: PRNJAVOR – Praza do Emigrante

21 de xullo: FAMA – Rúa peonil do Calvario

22 de xullo: SOL ARGENTINO – Praza confluencia Sanjurjo Badía e Santander (Teis)

23 de xullo: LA FIERA – Porta do Sol

ACTO DE CLAUSURA con DESFILE – 24 de xullo

20:00 horas: Desfile de grupos polas rúas García Barbón (desde Santiago de Vigo) e Policarpo Sanz

21:30 horas:: ACTO DE CLAUSURA – Auditorio Afundación – todos os grupos

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.