Cristian García convértese na nova renovación do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia para o equipo que competirá na Liga EBA por primeira vez na historia da entidade e despois do Ascenso conseguido a pasada tempada 2015/2016.
Cristian García, nado no ano 1993 e alero de 1,85 m., formouse como xogador de baloncesto no Eduardo Blanco Amor de Ourense desde a tempada 2000/2001 en categoría benxamín ata categoría sénior. Como xogador sénior competiu co Universitario Campus de Ourense ata a pasada tempada 2015/2016 na que se incorporou ao Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.
Desta forma Cristian cumprirá a súa segunda tempada no club vigués despois de ser parte implicada, na súa primeira tempada no club, do Ascenso conseguido na Fase de Ascenso a Liga EBA disputada en Culleredo. O xogador non dubidou en confirmar a súa presenza no novo equipo de Liga EBA despois da experiencia vivida a tempada pasada e da súa rápida adaptación ao equipo e ao club.