Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

A Xunta de Persoal e SOS Sanidade esixen o rescate do Cunqueiro e a apertura das camas pechadas no verán

SanidadeA Xunta de Persoal do ‪Chuvi e a plataforma ‪‎SOS Sanidade Pública pecharon este xoves o calendario de mobilizacións de xullo cunha concentración ás portas da antiga dirección provincial do ‪‎Sergas, na rúa García Barbón de ‪‎Vigo.

Durante a protesta, que se desenvolveu de 12.00 a 12.30 horas, berráronse consignas como “A solución, rescatar a concesión”, “A culpa de quen é? Do PSOE e do PP” ou “A privatización é corrupción” e reclamouse a dimisión do xerente da EOXI e do conselleiro de Sanidade. Durante uns minutos tamén se interrompeu o tráfico na zona.

Ademais, solicitouse o rescate do ‪‎Hospital Álvaro Cunqueiro para a sanidade pública, o uso sanitario do Anexo I do antigo hospital Xeral, a apertura da todas as camas de hospitalización que permanecen pechadas durante o verán e un plan de choque para reducir as listas de espera, ademais de rexeitar calquera derivación á sanidade privada.

You may also like