Comarcas

A Xunta investirá 160.000 euros na rehabilitación da avenida de Mendiño e na humanización do pavillón da Marisma, en Redondela

redondela concello

A Xunta de Galicia investirá 160.000 euros na rehabilitación da Avenida de Mendiño, así como na humanización da contorna do pavillón polideportivo da Marisma, en Redondela. Así se recolle no convenio asinado entre a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Javier Bas.

Os traballos consistirán na creación dunha beirarrúa perimetral que permita o acceso ao pavillón cumprindo as condicións da normativa de supresión de barreiras arquitectónicas. Para conseguilo, crearanse dúas ramplas para facilitar a accesibilidade desde a parcela contigua de aparcamento. Tamén se repararán as beirarrúas e calzada que existía anteriormente ao pavillón, favorecendo así o tránsito ás persoas con mobilidade reducida.

Ao mesmo tempo, efectuaranse diversas melloras na rede de alumeado público, modificando a posición de postes fóra da beirarrúa, de xeito que se amplíe o espazo destinado aos peóns.

You may also like