Continúan as obras de mellora na rúa de Marqués de Valterra, unha humanización na que se investirán 181.000 euros para a reforma da marxe esquerda do vial ata a unión coa rúa Gaiteiro Portela. Esta reforma tivo que ser paralizada pola aparición de xacementos arqueolóxicos na zona.
Con estas obras substituiranse as canalizacións de saneamento e abastecemento de auga, ademais de renovar o pavimento e rebaixar a beirarrúa nos pasos de peóns para facilitar o paso das cadeiras de rodas. O proxecto de obra contempla a instalación de 14 novas farolas, 17 árbores e 42 metros lineais de xardineiras.
Ademais, mantense a dobre dirección de circulación e unha liña de estacionamento por ser unha zona de moito tránsito e moita utilidade para o acceso e a saída desde a Porta do Sol.