É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAdxudicado o acondicionamento do Auditorio Mar de Vigo para a UNED e a sala de lectura
O goberno local, reunido este martes en sesión extraordinaria, aprobou a clasificación de ofertas e o expediente de contratación das obras de acondicionamento de espazos no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo como sede da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED).
En rolda de prensa, o alcalde explicou que a adxudicación provisional se fixo por un importe de 466.000€, cunha baixa económica do 22% sobre o prezo de licitación. En segundo lugar, Abel Caballero apuntou que a empresa ofertou melloras -en telecomunicacións e en megafonía para as aulas, entre outras- por un importe de 50.000€.
As obras consistirán na adecuación das prantas cuarta, quinta e sexta do Auditorio Pazo de Congresos como aulas, despachos, salas de reunións e de conferencias e aula de estudo. Alí estará emprazado o “maior espazo de lectura da cidade”, segundo asegurou o alcalde. O obxectivo é facer o traslado da sede da UNED ao Mar de Vigo “o antes posible”, ao longo do curso que comeza.
O proxecto, engadiu Caballero, se sufraga en virtude cun convenio coa Deputación de Pontevedra, un acordo que contempla ademas que a administración presidida por Carmela Silva achegue outros 200.000€ para a dotación de elementos, útiles e mobiliario.
O alcalde lembrou que Vigo conta xa con 13 titulacións da UNED e avanzou que, de cara ao vindeiro curso 2017-2018, se solicitará impartir outras 8 carreiras. A previsión municipal é pedir para a sede viguesa todas as que imparte a Universidade Nacional de Educación a Distancia.