A Plataforma Sos Meixoeiro organiza, este venres, día 5 de agosto, ás 7 da tarde, unha ‘Romería pola Sanidade Pública’, que sairá dende o Hospital do Meixoeiro para chegar ao Cunquiero ás 8 e media.
Trátase dunha nova iniciativa que se suma ás impulsadas por esta plataforma, como o peche no propio hospital, concentracións, sentadas, manifestacións ou paros, que ten como obxectivo a defensa da sanidade pública e, específicamente, a defensa do Hospital do Meixoeiro no que, como veñen de denunciar durante meses, non se aproveitan os quirófanos e camas cirúrxicas, non se consolida a Unidade de Coidados Paliativos e non está garantida a continuidade das unidades de diagnose por imaxe e do laboratorio.
Cando a andaina chegu ao Hospital Álvaro Cunqueiro, os participantes farán un percorrido pola súa contorna e realizarán unha concentración diante da porta de Urxencias.