Destacados

Aute en Vigo o vindeiro 29 de setembro

AuteO cantautor Luis Eduardo Aute ofrecerá o 29 de setembro un concerto no Teatro Afundación, en Vigo no que fará un percorrido por unha ampla selección de cancións emblemáticas e coñecidas que compuxo ao longo de cinco décadas.

Aute ofrecerá un espectáculo -titulado «La Gira Luna»– que pasa de tres horas, con 28 minutos de proxección dunha curta de animación realizada (debuxada, musicada e dirixida) por el mesmo que se chama ‘Vincent y el giraluna’. Logo dará paso á música cun concerto antolóxico co máis significativo da súa obra: «Al alba», «Slowly», «Pasaba por aquí», «Rosas en el mar», «La belleza», «Sin tu latido», «Una de dos», «Las cuatro y diez», «De alguna manera», «Alevosía»…

Luis Eduardo Aute estará acompañado por Toni Carmona (guitarras e dirección musical), Cristina Narea (guitarra, coro e percusión menor), Cope Gutiérrez (teclados e programacións) e Mario Carrión (batería e percusión).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.