O xuiz lucense Luis Villares se presenta para ser o candidato de En Marea á Presidencia do Goberno de Galicia

luis_villares
Foto:http://www.redearmela.org/

O xuiz lucense Luis Villares, será o primeiro candidato de En Marea  para a Presidencia do Goberno de Galicia nas Eleccións do vindeiro 25 de setembro. Onte En Marea pechaba o seu calendario de primarias que levarán á proclamación de listas dentro de dúas semanas.

Este venres ábrese o prazo de candidaturas e o xuiz Villares, de 37 anos, presenta a súa en Compostela logo de entregar a renuncia coma maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Villares naceu en Lugo en 1978. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o Diploma de Estudos Avanzados cunha investigación sobre Dereito de Consumo.

É Xuíz de carreira dende 2005 e exerceu como titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único da Fonsagrada entre 2007 e 2010. Nese ano aprobou a especialidade de maxistrado do contencioso-administrativo. Logo de estar destinado en comisión de servizos no Xulgado Central do Contencioso-Administrativo nº 9 da Audiencia Nacional (novembro 2010-febreiro 2011), obtivo a praza de titular no Tribunal Superior de xustiza do País Vasco, onde exerceu dende febreiro de 2011 ata abril de 2012. Posteriormente ocupou a praza de maxistrado no Xulgado Contencioso administrativo nº 2 de Lugo. Actualmente exercía a xurisdición na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Foi coordinador en Galicia da Asociación progresista Xuíces para a Democracia entre xuño de 2008 e abril de 2011, e novamente dende setembro de 2012 ata a actualidade. É membro fundador da Irmandade Xurídica Galega, que aglutina a diferentes profesionais do mundo do dereito que pulan por acadar a efectividade real dos dereitos lingüísticos na administración de Xustiza e no tráfico xurídico ordinario en Galicia.

También te puede interesar