Galicia

Luis Villares, único candidato ás primarias de En Marea á presidencia da Xunta

ramon villares

Luis Villares será o único candidato ás primarias de En Marea para ás eleccións a Xunta de Galicia o vindeiro 25 de setembro, candidatura que será ratificada a nas primarias da formación a vindeira semana.

O candidato, xunto coas persoas que configurán as listas de En Marea nas distintas provincias, sairá das votacións que terán lugar os vindeiros 16 e 17 de agosto. Por provincias, en Lugo presentáronse 3 listas, en Ourense outras 3, pola Coruña 5 e 7 pola provincia de Pontevedra.  O domingo remata o prazo para se inscribir a través da web www.mareaconstituinte.gal asinando o manifesto dos alcaldes e solicitando o voto.

O candidato ás primarias de En Marea para a presidencia da Xunta de Galicia, Luis Villares, agradeceu o apoio de todas as persoas que avalaron a súa candidatura e asegurou que será “o candidato de toda a confluencia, os que están xa e os que ainda non están integrados pero que se sumarán”.

También te puede interesar