A presidenta da Deputación de Pontevedra mantivo unha xuntanza de traballo coa presidenta da Casa de Galicia e vicepresidenta da española en Touluse, María López Muradás, na que mostrou a súa intención de iniciar un proceso de colaboración con esta entidade.
Carmela Silva mostrou a súa disposición a establecer unha relación habitual con esta organización “ante o abandono que sofren os nosos emigrantes por parte da Xunta de Galicia”.
Silva tamén anunciou a María López Muradás a posibilidade de aproveitar a presenza dos emigrantes nesta cidade francesa como plataforma para unha iniciativa turística da institución provincial.
Por outro lado, a presidenta da entidade provincial tamén avanzou a posibilidade de realizar algún acto entorno a “memoria histórica” para “agradecer a todos os homes e mulleres que loitaron por defender a legalidade fai oitenta anos e aos promotores da España democrática na que hoxe vivimos”.
Silva e López Muradás acordaron manter unha canle de información e colaboración constante para seguir a dar forma as iniciativas faladas neste encontro.