Comarcas Galicia

Imos todos de Entroido a Redondela!

Imagen: Facebook
Imagen: Facebook

Non, non toleamos. O Entroido tamén pode desfrutarse en verán, polo menos en Redondela. Este sábado 20 de agosto desembarca na vila redondelana a XIX edición do Entroido de Verán, unha das festas máis esperadas cada ano e que encherá a vila de disfraces, color e moita diversión.

A festa comezará na Praza da Constitución ás 17.00 horas con actividades infantís e prolongarase ata ben entrada a madrugada con dj’s e a música máis festiva. Na zona infantil, disfraces, máscaras, pallasos, maquillaxe, globoflexia, baile…

Cada ano máis de 25.000 persoas disfrutan dunha festa que este ano acollerá a sexta Gala de Drag Queens e que terá como prato forte do cartel a actuación das K-Narias.

Cun orzamento de 65.000 euros e organizada polo Concello coa colaboración da Asociación de Empresarios de Redondela, este ano acotaranse algunhas zonas con vallas para garantir a seguridade do público. Ademais, haberá servicio de autobuses desde Vigo cada media hora desde ás 04.00 ata as 09.00 horas do domingo.

También te puede interesar