Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másA gamela coruxeira ‘Celia’ volve ao mar
A Asociación Cultural Remadoira, dedicada á conservación e restauración no patrimonio naval galego, ten unha nova embarcación que devolver ao mar.
Despois dun inverno de traballo na recuperación dunha gamela coruxeira, ‘Celia’ está lista para navegar. Este sábado 20, ás 12.00 horas, os membros desta asociación invitan a todos os vigueses a participar na botadura desta embarcación tradicional galega.
Ubicada na curva de San Gregorio, en Bouzas, a asociación conta cunha flota de 15 embarcacións tradicionais ou clásicas que se usaban en faenas de pesca, recreo ou regata, todas de madeira e propulsadas a vela, aínda que algunhas contan cun motor foraborda como motor auxiliar.
En total dispoñen de 8 dornas, 2 botes, unha gamela coruxeira, unha chalana, un carocho, unha gamela de Cabo de Cruz e un dragón.