A Deputación de Pontevedra dará unha achega de 6.197 euros ao concello de Mondariz para a adquisición de ordenadores para a biblioteca pública municipal. Será unha axuda dada ao abeiro da liña dedicada a investimentos do Plan Concellos 2016.
Esta axuda súmase ás anteriormente outorgadas pola institución provincial. Na liña 1, case 312.000 euros destinados á adecuación de camiños en Vilasobroso e Gargamala, ao saneamento do lugar do Souto e da Avenida do Grupo Escolar e ao colector xeral de saneamento das parroquias de Meirol e Queimadelos e ao amoblamento da súa biblioteca pública municipal. Ademais, na liña 3, outorgáronse máis de 17.000 euros para sufragar os gastos de funcionamento da Escola de Música e, por último, 104.307 euros na liña 4 coa fin da contratación de 17 traballadoras e traballadores no Concello.
No que vai de 2016, a Deputación de Pontevedra xa entregou preto do 94% do total destinado a Mondariz dentro do Plan Concellos 2016, situando neste momento o investimento na vila en máis de 433.000 euros.