Comarcas

Redondela comeza as obras de mellora do Camiño dos Frades, en Quintela

redondela camiño frades obbras

A alcaldesa en funcións, María del Carmen Amoedo, e a concelleira de Vías e Obras, María José Barciela, visitaron as obras de mellora que arrancaron esta semana no Camiño dos Frades, na parroquia de Quintela.

A actuación nesta zona, cun investimento de case 48.000 euros, será para a mellora do firme e a canalización das augas pluviais, que ata agora discurrían por ese camiño e ocasionaban problemas nas épocas de choivas.

Esta actuación foi solicitada polo concello para que fose incluida dentro do Plan Marco pertencente a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia destinada a camiños municipais de acceso a explotacións agrarias, ao cumprir este camiño as condicións xa que é o acceso a varios viveiros de prantas.

También te puede interesar