Galicia Sucesos

Arden 25 toneladas de palla no interior dun alpendre en Laracha

Bomberos1

Os Bombeiros de Carballo tiveron que traballar arreo durante toda a noite para extinguir un lume que se iniciou nunha palleira no concello coruñés da Laracha.

Sobre a 01:00 horas desta madrugada un particular alertaba ao 112 Galicia dun incendio nunha palleira a carón dunha casa e decontado pasouse aviso aos  membros do parque comarcal. Foi ao fío das 07:30 horas desta mañá cando os bombeiros daban por finalizadas as tarefas de extinción.

Ademais de arder unhas 25 toneladas de palla que se almacenaban no interior, as uralitas e os muros do alpendre tamén resultaron moi danados, aínda que o lume non afectou á vivenda contigua.

A Garda Civil e os efectivos de Protección Civil da Laracha e de Carballo tamén formaron parte do dispositivo de emerxencias.

También te puede interesar