Ciencia y Tecnología Galicia

Preto de 20 millóns de euros para impulsar a investigación «máis excelente»

97286_NpAdvHover

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mobilizará preto de 20 millóns de euros ao longo dos vindeiros catro anos para recoñecer e impulsar a investigación universitaria máis excelente coa que conta Galicia.

Trátase dunha nova convocatoria «co maior montante xamais investido nunha convocatoria deste ámbito e dun xeito estable no tempo» que nace con dous obxectivos: recoñecer o importante esforzo realizado por determinadas unidades de investigación universitaria que funcionan como verdadeiros tractores da actividade científica do SUG e fortalecer os seus traballos de investigación, así como o impacto que xeran os seus resultados.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do 1 de setembro. Haberá unha modalidade dirixida aos centros singulares de investigación, que recibirán un financiamento de 14 millóns de euros ao longo dos próximos catro anos. En concreto, a primeira anualidade estará dotada dunha contía máxima de 400.000 euros por centro, mentres que a segunda, terceira e cuarta ascenderán a 800.000 euros.

Pola súa banda, a modalidade B refírese a agrupacións estratéxicas consolidadas, e cada unha delas poderá recibir unha contía máxima de 200.000 euros o primeiro ano e de 400.000 euros nos tres seguintes. En total, o investimento dedicado a este grupo ascende a 4,2 millóns de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.