A Concellería de Medio Rural informa de que o lume que empezou este mércores ás 10 da noite na parroquia de Vincios, en Gondomar, quedou controlado preto das 7 da mañá deste xoves, logo de arrasar preto de 30 hectáreas de monte.
Na súa extinción, indica a consellería, participaron 13 brigadas, 11 motobombas, cinco axentes e dúas pás.
Ademáis, está apagado o incendio que empezou o domingo en Oseira, no concello ourensán de San Cristovo dde Cea, e que arrasou 176 hectáreas. Na súa extinción traballaron seis helicópteros, tres avións, 28 motobombas, 67 brigadas, 23 axentes, dous técnicos e tres pás.