Denuncian a Sanidade pola mala calidade das agullas para os diabéticos, que parten dentro do corpo ou causan feridas

DiabetesSOS Sanidade Pública ven de denuncia este mércores á Consellería de Sanidade pola mala calidade das agullas entregadas aos diabéticos para que se poñan as inxeccións de insulina. Dacordo con SOS Sanidade Pública, as agullas desbotabeis que o Servizo Galego de Saúde entrega aos doentes para que a auto inxección parten dentro do corpo, dóbranse, producindo feridas ou non se enroscan ben facendo que se perda parte da insulina.

Esta asociación subliña que estes feitos son coñecidos dabondo polas autoridades sanitarias galegas, tanto polas probas documentais-coma radiografías de agullas rotas nos corpos dos pacientes– como polas evidencias entregadas polas asociacións de diabéticos á Valedora do Pobo ou as preguntas feitas pola oposición no Parlamento de Galicia.

Estas probas irán xunto coa denuncia para que se investigue si estes feitos poden constituír un delito de lesións, recollido no artigo 147 do Código Penal.

También te puede interesar