Fotografía: vigoalminuto.com/Varias enquisas coñecidas este domingo sinalan que o candidato á reelección como presidente do Goberno de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, repetiría a mayoría absoluta e seguiría no seu posto ata o 2020.
La Voz de Galicia indica que Feijóo lograría a maioría por pouco, e sinala que a meirande dificultade, que podería suponer a perda da mesma, será a provincia de Pontevedra, na que o PP obtería 9 ou 10 escanos– iso sí: Ciudadanos podería obter 1 nesta demarcación e darlle a chave do Pazo de Raxoi ao candidato popular-
Esta sondaxe estima que En Marea lideraría a oposición achegándose aos 19 escanos, catro máis que o PSdG,mentres que o BNG non pasaría dos 2 deputados, un en Pontevedra e outro en A Coruña.
Polo que se refie á enquisa de Infortécnica, para o Grupo La Región, a maioría de Feijóo sería moito máis ampla: 43 escanos, dous máis dos que ten hoxe, por 12 de En Marea, 15 para os socialistas, 4 para o BNG e 1 para C’s, pero por A Coruña, non por Pontevedra.