Deportes Destacados

O galego Alex Vidal, campión de Europa de Parataekwondo

parataekwondo

Nova alegría para o taekwondo galego. Alex Vidal logrou en Varsovia o título de campión de Europa de Parataekwondo no seu peso (-61). Ademais do título continental, que xa é o terceiro para o galego, Vidal suma 40 puntos máis para o ranking paralímpico.

Trátase dunha puntuación moi importante xa que en Tokio 2020 debutará o taekwondo como modalidade paralímpica, e con esta vitoria xa comezou o camiño para acadar esa clasificación para os Xogos Paralímpicos.

Nas semifinais Vidal superou ao representante de Azerbaiyán Namig Abbasov por un rotundo 11-2, mentres que a final estivo moito máis apertada. o galego enfrontouse ao campión do mundo e número 1 do ranking mundial, o francés Bopha Kong e venceu por 3-2.

También te puede interesar