O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, convoca 10 axudas de estudos de 500€ cada unha que poderán solicitar aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no presente curso 2.016/2.017.
As candidatas e candidatos deben de cumprir os seguintes requisitos: estar empadroada ou empadroado no Concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca; non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca– a estes efectos, non poderán ser beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que unicamente lles reste, para a obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecementos dun idioma estranxeiro-; estar matriculada ou matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial; no caso do Master, só se terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional e, por último, non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
A Instancia de solicitude dirixirase ó Sr. Alcalde – Presidente do Concello de Arbo, do 1 ao 30 de Outubro, acompañada da documentación establecida nas Bases da convocatoria, que está a dispor dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina Web do Concello.