Dende as 10 da mañá deste luns, día 19, e ata a 1 do mediodía estará cortado ao tráfico o corredor do Morrazo nos seis primeiros quilómetros, desde Domaio ata Moaña. Este corte débese ás obras de desdobramento do corredor para a súa conversión en autovía.
No sentido Cangas-Vigo, o tráfico desviarase polo enlace de Meira-Marín pola estrada EP-1102 ata a PO-551. No sentido Vigo-Cangas, desviarase no enlace de Rande pola PO-551.