A apenas un día del fin de la campaña electoral y a tres para que los gallegos voten en las Elecciones para el Parlamento de Galicia, la Xunta anuncia que, a través do Consello de Administración da empresa pública Xestur , acordou adxudicar un total de 16.774 metros cadrados de superficie empresarial nos parques de A Sionlla, Mos, Xinzo de Limia, Ortigueira, Carballo e Melide. O importe total da venda é de 1.075.349 euros, despois de aplicar unha bonificación de 636.469 euros.
o consello de Xestur tamén adxudicou os contratos para a realización de obras encomendadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) nos parques empresariais de Quiroga e Taboada, na provincia de Lugo, licitadas no pasado mes de agosto.
O importe de adxudicación desta obra é de 196.473,23 euros máis IVE, cun prazo de execución de dous meses.
Polo que respecta ao parque empresarial de Taboada, a obra consistirá na electrificación interna e remate do alumeado público, que inclúe as obras correspondentes á eliminación do tendido aéreo de media tensión que afecta ao polígono e posterior construción das infraestruturas necesarias para substituílo, así como a construción dun novo tendido de baixa tensión que garanta o subministro aos veciños afectados.
O investimento previsto en Taboada é de 106.514,52 máis IVE, cun prazo de execución de tres meses a contar dende o inicio das obras.