Cultura Vigo al minuto

Máis de 22 funcións de teatro, danza, música ou circo, na programación de ‘VigoCultura’

img-20160923-wa0001
Foto: vigoalminuto.com/O alcalde Caballero acompañado polo concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, este venres na presentación do programa de VigoCultura

O alcalde, acompañado polo concelleiro dde Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou este venres a programación municipal de artes escénicas «Vigocultura» que se desenvolverá no Auditorio Municipal do Concello, na Praza do Rei, dende o xoves 6 de outubro ao domingo 18 de decembro, ambos inclusive.

Nesta nova tempada, o Concello volve apostar por unha liña de continuidade que pretende seguir consolidando públicos a través das artes escénicas, cos mellores espectáculos de música, teatro, danza e circo que están nestes momentos circulando en Galicia e fóra dela.

A programación, salientou Abel Caballero,conta para este derradeiro trimestre do ano cun total de 22 funcións, que abarcan diversos xéneros como teatro, música, danza, circo, e que inclúe un espectáculo para bebés.

Trátase dun total de 18 compañías, das cales 9 son  galegas, 8 doutras partes de España e unha portuguesa. Tres das compañías son viguesas e estrearán os seus novos espectáculos dentro da programación: Triatreros, Avento Producións e A Artística, froito do interese do Concello en apoiar ás compañías locais á hora de estrear as súas novas montaxes.

A programación divídese na destinada a público adulto, que terá lugar os venres de outubro e novembro ás 9 da noite, e a destinada a público familiar, que continuará realizándose os domingos de novembro ás 6 da tarde e con funcións dobres os domingos de decembro.

Ante a demanda do público nas últimas edicións, este ano están programadas funcións dobres no mes de decembro para todos os espectáculos, ás 12:00 h e 18:00 h, entre os que se encontra un para bebés, o domingo 4; a representación das Tres Reinas Magas de Gloria Fuertes o domingo 18; e dúas funcións o domingo 11 da última produción da compañía madrileña Yllana, que fará un pase ás 18:00 h para todos os públicos e unha sesión máis «golfa» do mesmo espectáculo, destinada a público adulto, ás 20:30 h.

Moitos dos espectáculos seleccionados para esta programación contan con prestixiosos premios e están recomendados por diversas redes nacionais e internacionais.

20160923_111935Os prezos dos espectáculos seguen a normativa establecida tanto pola Rede Galega de Teatros e Auditorios, como do programa Platea, así como as ordenanzas fiscais municipais. Os prezos das entradas para os espectáculos de público adulto abarcan desde os 5 aos 10 €, dependendo do caché das compañías e grupos. As entradas para os espectáculos dirixidos a público familiar terán prezos de 3 e 5 €, seguindo o mesmo criterio.

As entradas pódense adquirir anticipadamente a partir do luns 26 de setembro a través da páxina web www.ataquilla.com, telefonicamente a través do 902.504.500, ou ben físicamente no despacho de billetes da Central de Espectáculos, na sede de Afundación, ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do auditorio, sempre que houbese entradas dispoñibles.

Os abonos para a programación deste semestre pódense combinar entre todos os espectáculos en paquetes de 5 ou 10, con importantes descontos do 15 e 25 % respectivamente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.