Comarcas

O Concello de Nigrán mellora a seguridade da estrada de Chandebrito

img_4814O Concello de Nigrán levou a cabo  esta semana o pintado da estrada de Chandebrito por importe de 2.371 euros, obra especialmente importante ao tratarse dun vial sen liñas e moi empregado polos veciños desta parroquia e de Camos por conectar directamente con Vigo.

Así, o tramo dende Fragoselo -onde arranca o término municipal de Nigrán- ata a estrada provincial a Vincios permanecía sen marcar e resultaba especialmente perigosa ao non estar iluminada e discurrir gran parte do trazado polo monte. Ademáis, aproveitando o pintado, marcouse tamén horizontalmente o sinal de stop na intersección a Vincios e renovouse a sinalización toponímica da parroquia no itinerario cumplindo así coas demandas da veciñanza.

“Unha das prioridades do goberno é a mellora da seguridade nos camiños e estradas das diferentes parroquias e, neste caso, se trata de lugares moi transitados en nun estado moi deficiente, polo que o consideramos prioritario”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

Nesta parroquia o goberno levou a cabo meses atrás o reasfaltado do camiño das Laxes, unha actuación moi demandada porque da aceso a vivendas, ao campo de fútbol e a un centro educativo. Nel, tamén co obxectivo de mellorar a seguridade, se instalaron lombos co  fin de evitar as altas velocidades.

You may also like