Terceira maioría para Feijóo

feijoo-1Alberto Núñez Feijóo (Ourense 1961), candidato do Partido Popular e presidente do Goberno de Galicia dende o 18 de abril de 2009, seguirá á fronte do executivo galego catro anos máis logo de conquerir a súa terceira mayoría absoluta nas Eleccións ao Parlamento de Galicia, celebradas este domingo.

O PP obtivo 41 dos 75 escanos da Cámara galega, catro por riba da mayoría absoluta e os mesmos que nos comicos de outubro de 2012, cando o Partido Popular fíxose co 45,8% dos sufragios e 661.281 votos, tres máis que en marzo de 2009, cando Núñez Feijóo logrou a súa primeira maioría.

villaresA segunda forza representativa de Galicia é En Marea, que terá 14 escanos no Pazo do Hórreo, logo de facerse co preto do 19% do electorado e máis de 260.000 votos. O xefe da oposición a Feijóo será o xuiz Luis Villares, que logrou 5 escanos máis dos conqueridos por Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) hai catro anos.

O Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, de Leiceaga, baixa ao peor resultado da súa historia, e será a terceira forza galega, co 18% dos votos e 14 escanos, cinco menos que en 2012. Por último, O Bloque Nacionalista Galego (BNG), desminte as enquisas e maila a perder un escano, seguirá no Parlamento de Galicia con 6 deputados.

Por provincias, en A Coruña, o PP logra 13 escanos, e o 47,96% dos votos; En Marea 5 escanos e o 19,17% dos sufraxios; o PSdG faise co mesmo número de deputados co 17,2% do electorado e o BNG terá 2 deputados con algo menos do 9% das papeletas, consulta aquí os resultados por concellos; en Lugo, o Partido Popular logra 8 escanos, 3 o PSdG-PSOE, 2 En Marea e 1 o BNG, resultado dos concellos lucenses pinchando aquí; en Ourense,  o PP tamén gaña con 9 deputados, un maís que hai 4 anos e unha pocentaxe de votos do 53,13%; O PSdG terá  2 deputados, os mesmos que En Marea, pero cun 17,6 fronte a un 13,7% dos votos, e o BNG mantén o escano que lograra en 2012; polo que se refire a Pontevedra, os populares terán 11 deputados, 5 En Marea, 4 o PSdG e 2 o BNG.

Polo que se refire a Vigo, o Partido Popular faise co 34,36% dos votos, algo máis que en 2012, por riba das 49.000 papeletas; a segunda forza máis votada na cidade é En Marea, con máis de 39.000 papeletas, un 27,73%; o PSdG é a terceira forza, con pouco máis de 32.000 sufraxios, o 22,6%, mentres que o BNG supera os 9.000 votos, o 6,5%. Podes consultar aquí os resultados por concellos en Pontevedra.

You may also like