O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o anuncio de licitación para a adquisición e instalación da nova sala de electrofisioloxía que se implantará no Hospital Álvaro Cunqueiro nos próximos meses. Unha instalación que dará servizo á área sanitaria de Vigo e que supoñerá un importante avance tecnolóxico nos tratamentos de cardioloxía.
Esta instalación custará arredor de 500.000 euros, un investimento que estará cofinanciado no 80% pola Unión Europea a través de Fondos Feder.
A orde do Sergas pola que se inicia o proceso do concurso público asinouse o pasado día 20, data en que tamén se enviou a convocatoria ao Diario Oficial da Unión Europea.
Segundo o Sergas, este novo investimento do Sergas no Álvaro Cunqueiro ven a sumarse aos xa realizados en equipamento desde a posta en marcha do hospital e que “supera amplamente” os 40 millones de euros.