É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másEn Marea pide que se deixe de postergar a redacción dun novo PXOM para Vigo
O grupo municipal da Marea de Vigo pediu este marta que haxa concreción nos prazos de redacción do novo PXOM, que sexa adaptado aos criterios da nova lei do solo en canto a reservas de solo, previsións de vivenda e argumentación lóxica do reparto de cargas urbanísticas en vez de buscar “atallos” para saltarse de novo os trámites ambientais e non abordar as modificacións substanciais que teñen que artellarse no planeamento.
Dende o grupo municipal esixen ademais que o novo proxecto conteña saídas reais e “non especulativas” á Panificadora e ao Barrio do Cura e que teña a actividade de rehabilitación e rexeneración dos cascos históricos, cuestión que segundo o seu voceiro Rubén Pérez “pode servir como a base do concepto de planificación urbanística que Vigo precisa actualmente”.
Para En Mare “nin pode sosterse un novo PXOM ao mesmo nivel de edificación, delirante e desproporcionado”, nin a mesma cantidade de superficie rústica que cambia de clasificación e convertía a cidade nunha “barra libre edificatoria”.
Segundo explicou Pérez, as 123.000 novas vivendas incluídas nas previsións do PXOM do 2008, os 32 millóns de metros cadrados do rural vigués a urbanizar, a desaparición do 60% dos solos agrícolas de Vigo, “son auténticos disparates a luz dos datos económicos e demográficos da actualidade”.
Por estes motivos, desde o grupo municipal da Marea de Vigo ínstase ao Concello a que abandone “a actitude actual respecto á redacción do Plan Xeral” e que expliquen por que se están “a buscar parches día tras día para evitar tal redacción”.