O Concello de Nigrán acaba de habilitar 9 semáforos acústicos para invidentes que se activan a través do móbil grazas ao receptor de bluetooth co que se dotou ao módulo verde de peón.
Este mecanismo permite que o sinal acústico funcione só cando detecta a presenza doutro sinal de bluetooth procedente do teléfono móbil dun invidente, suprimindo así o inconvinte de que soe indiscriminadamente todo o tempo que está en verde para peóns e de que se elimine pola noite para evitar molestias aos veciños, como usualmente se fai.
O dispositivo foi instalado en nove aparatos das rúas Rosalía de Castro, Estrada pola Vía, Val Miñor e Pablo Iglesias, nos pasos de peóns das zonas urbanas máis empregadas, por un importe case 11.000 euros.
Actualmente este sistema só funciona nas grandes urbes como Vigo e supón a gran vantaxe de que non molesta aos veciños e ao mesmo tempo está sempre operativo para quen o precisa nese intre, xa que o sistema tradicional consistía en apagar o sinal acústico toda a noite ou en reducir o volume, resultando polo tanto ineficaz.
O sistema, instalado pola empresa viguesa Esycsa, evita a sustitución do semáforo, simplemente se acopla un pequeno módulo con altofalante integrado e con receptor de bluetooth. Ademáis, conta con receptor de radiofrecuencia para os que prefiran empregar un mando a distancia que facilita a ONCE aos asociados e que permite activar a petición de sinal acústica antes de chegar ao paso de peóns.
Calquera teléfono é válido para este uso, non é preciso que sexa smarthphone, simplemente é necesaria a modificación da configuración da sinal de bluetooth.