Galicia

Controlado o lume que arrasou 50 hectáreas de árbores no concello lucense de Carballedo

lume1Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o lume que se declarara este sábado, na parroquia de Chouzán, no concello lucense de Carballedo, está xa controlado dende esta madrugada.

As lapas, que apareceron pasadas ás 8 e media da tarde de onte, estaban xa controladas preto das 3 e media da mañá de hoxe, logo de queimar unhas 50 hectáreas, todas elas de monte arborado.

Na loita contra o lume participaron dous axentes forestais, once brigadas, nove motobombas e dúas pas.

También te puede interesar