A Judith, unha rapaza de 21 anos, botárona en falta despois de que baixase este martes, ás 10 da mañá a botar a bolsa de lixo no contedor, preto da casa familiar en Mourente. Segundo denunciou a familia, ao mediodía, cando a súa irmá chama ao móvil de Judith responde un home. Xa pola tarde, un ‘número privado’, contacta co pai e un home dille que a súa filla xa non está con él.
Segundo a familia, Judith ten unha minusvalía psíquica do 89 por cento e padece esquizofrenia. Cando saiu da casa vestía un pantalón axustado negro, unha cazadora branca e deportivas negras con brillantes.
A Policía Nacional ampliou a busca a toda Galicia. Seu pai e súa irmá desprazáronse a Ourense, por se fose ese o seu paradoiro, xa que ali se denunciou tamén a desaparición dun home.