Recolleita e festa. A parroquia de Sela, en Arbo, celebrou esta semana unha nova edición da Festa da Colleita. Organizada pola Asociación Cultural Virxe do Arme, é unha celebración que naceu nos anos 70 para ofrecer a Santa Isabel e San Martiño os productos recolectados durante a colleita, como viño ou millo.
Son xa máis de 30 anos celebrando unha festa na que participan centos de veciños e veciños de Arbo e de concellos limítrofes. A festa comezou cunha misa solemne na honra de Santa Isabel e San Martiño para pasar a unha sesión vermú con pulpo.
Xa pola tarde, foi a quenda das actividades máis chamativas da festa, como o desfile de tractores especialmente ataviados para a ocasión ou o concurso de postres caseiros, que chegou á súa cuarta edición cada vez con máis participantes.
Sela, como terra de augardenteiros por excelencia, durante toda a xornada ofreceuselle aos visitantes augardente gratis que nunha paioza sita no lado do torreiro se vai facendo según demanda dos visitantes. Para fin de festa, chocolatada.