Comarcas

A @depo_es adxudica a implantación da administración electrónica por 847.000 euros

xunta-1-01

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a adxudicación do procedemento aberto para a implantación, uso e soporte dunha solución de administración electrónica para concellos. A empresa Auloce S.A. será a encargada de impulsar a posta en marcha da administración electrónica nos concellos de menos de 50.000 habitantes.

Con este contrato, que ascende a 847.000 euros, o que pretende a institución provincial é “dar servizo ós concellos da provincia que, debido ó seu tamaño e ó custe desta actuación, non contan cos recursos suficientes para levar a cabo a adaptación e dar cumprimento á lexislación”, como salientou a presidenta, Carmela Silva.

A través deste contrato, a Deputación de Pontevedra impulsará solucións de administración electrónica para que os concellos de menos de 50.000 habitantes poidan dispoñer dunha sede electrónica personalizada así como un portal de tramitación para os seus traballadores que permita a xestión integral dos procedementos e expedientes por medios electrónicos.

También te puede interesar