Comarcas

Nigrán comeza as obras para solucionar os problemas de inundacións no barrio de A Mámoa

nigran-a-mamoa

O Concello de Nigrán rematará esta semana as obras para solventar o problema das frecuentes inundacións no barrio de A Mámoa, en Priegue.

Así, operarios municipais sustituiron os 50 metros de canalización do rego que discurre pola rúa da Mámoa por unha nova cun novo tubo de 600 milímetros de diámetro, o triple de capacidade que o anterior.

Esta nova canalización porá fin aos desbordamentos que se producían no tramo final cando o caudal aumentaba, o que provocaba inundacións nunha vivenda e en fincas colindantes. As obras porán fin a un problema denunciado polos veciños da zona durante décadas.

También te puede interesar