Galicia

As provincias de A Coruña e Pontevedra, en alerta amarela por choivas e ventos, dende esta noite

choivaGalicia atópase este domingo en alerta amarela por diferentes fenómenos meteorolóxicos, en especial, as provincias de A Coruña e Pontevedra sufriran a choiva durante as horas da madrugada nos que, segundo a previsión de MeteoGalicia, poderían chegar a rexistrarse 15 litros por metros cadrados entre as 12 da noite e as 3 da mañá.

Polo que se refire á Mariña lucense, agárdanse ventos fortes con refachos de máis de 80 quilómetros por hora dende o inicio do día e ata as 3 da tarde. Asimesmo, a forza do vento notarase no mar, especialmente na Costa da Morte e nas Rías Baixas, onde se agardan ondas de 4 a 5 metros de altura.

You may also like