Este sábado celébrase en Vigo o Festival Audiovisual Curtopia. Dentro do programa do festival, en Valadares, preséntase o proxecto “Mulleres en Resistencia”, un traballo asinado, conxuntamente, pola Oficina de Dereitos Socias (ODS)-Coia, Gz Contrainfo e Raias Travesseiras.
Este proxecto, en formato de pequenas entrevistas a mulleres de Vigo, ten o obxectivo de facer visible o seu día cotiá que moitas delas viven nunhas condicións moi duras, o cal non impide que loiten polos espazos de apoio mutuo.
‘Mulleres en Resistencia’ sinala a mulleres ‘invisibles’ para as administración e para a sociedade na que elas trunfan tentando seguir vivindo a súa vida.